xoves, 6 de febreiro de 2014

Comezamos co entroido!

Hoxe comezamos a traballar no festival que imos facer para o entroido. E para empezar, pensamos os debuxos que cada un vai levar na súa máscara.
Fixemos uns bocetos no noso bloc, para ver como podería quedar cando nos poñamos as máscaras de verdade. Aí vos queda unha mostra do traballo. Seguiremos informando!

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Os ecosistemas

Ola de novo!
Esta semana descubrimos unha nova ferramenta que nos permite elaborar mapas conceptuais animados, e como estas cousas nos encantan, aproveitamos para facer un esquema-resumo do tema dos ecosistemas, que é o que estamos a traballar en Coñecemento.
Que o disfrutedes!

venres, 10 de xaneiro de 2014

Monumentos de Italia

Seguimos traballando con Italia dentro do proxecto do centro de "Pedrouzos polo mundo". Esta semana elaboramos uns murais informativos de varios monumentos e edificios moi representativos dese país.


mércores, 11 de decembro de 2013

Obradoiro de animación

O 4 de decembro viu  ao cole Abraham Carreiro a aprendernos como se fan os debuxos animados.

Os debuxos animados son moitos debuxos  que van cambiando pouco a pouco, e se se ven seguidos e rápido dan sensación de movemento.

O que fixemos foi debuxar nunha pizarra os distintos movementos do noso personaxe "O Maguito Pepito" e sacar unha foto a cada debuxo.

Despois so quedaba montar as imaxes e engadirlle o son. Aínda que non todos debuxamos na pizarra, todos fixemos a Pepito nas nosas libretas.



venres, 29 de novembro de 2013

Matemáticas de cine

Bo día a todos/as!
Para enredar na fin de semana, imos recuperar unha páxina cuns divertidos xogos de matemáticas, mentres nos adentramos nos clásicos do cine. A divertirse e a aprender moito!

http://www.educapeques.com/los-juegos-educativos/juegos-de-matematicas-numeros-multiplicacion-para-ninos/portal.php

xoves, 7 de novembro de 2013

Mondrian e as rectas

Hoxe, na hora de plástica, estivemos a practicar coa escuadra e o cartabón para facer rectas paralelas e perpendiculares.
Cando a técnica estaba mais ou menos dominada, emprendemos a tarefa de facer unha composición usando este tipo de rectas, cando, a modo de inspiración, o profe mostrou cadros famosos que se baseaban en rectas. Varios alumnos decidiron facer a súa versión da "Composición en vermello, amarelo e azul de Mondrian". Aquí está parte do resultado:

mércores, 23 de outubro de 2013

Visita a Faunia

Ola de novo!
O artigo de hoxe é obra de un dos alumnos, Simón.
O mes pasado visitou o parque zoolóxico de Faunia, e realizou unha presentación para mostrarnos a cantidade de especies animais que puido ver alí.
Ademais, cando ensinou a presentación, contounos un montón de cousas mais, e resolveu tódalas dúbidas no turno de preguntas. Unha maravilla!
E velaquí a presentación: