mércores, 23 de outubro de 2013

Visita a Faunia

Ola de novo!
O artigo de hoxe é obra de un dos alumnos, Simón.
O mes pasado visitou o parque zoolóxico de Faunia, e realizou unha presentación para mostrarnos a cantidade de especies animais que puido ver alí.
Ademais, cando ensinou a presentación, contounos un montón de cousas mais, e resolveu tódalas dúbidas no turno de preguntas. Unha maravilla!
E velaquí a presentación:

xoves, 17 de outubro de 2013

A función de nutrición

Ola de novo! Desta volta fixemos un novo Glog para ilustrar a función de nutirción e os aparellos que interveñen nela. Esperamos que o disfrutedes!


venres, 11 de outubro de 2013

Excursión á granxa de Feiraco


Comezamos un novo curso!!!
Este ano, como somos un pouco mais maiores (4º de Primaria), imos intentar que os rapaces e rapazas "axuden" ao profe a redactar os artigos. Así  o fixemos neste primeiro artigo do curso, no que a redacción é o resultado da mestura e edición de varias narracións de tódolos alumnos. Esperamos que vos guste!!!





O xoves 26 de setembro os nenos de 4ºA fomos de excursión a unha granxa no Concello de Mazaricos. Cando chegamos á granxa, recibironnos dous rapaces: un era escritor e o outro era ilustrador. Ensináronnos un mural con debuxos que eran un conto co que nos explicaronos como se facia o leite, e que tres tipos de leite había: enteiro, semidesnatado e desnatado.
Despois, entramos a unha carpa onde nos contaron un conto; tratábase de unha vaca que se chamaba Chenoa e un boi que se chamaba Roi. Logo deronnos uns papeis, e o ilustrador ensinounos a debuxar unha vaca. 


Despois fomos en dous grupos a ver os cuchos, as vacas e ao boi e incluso a Roi e Chenoa! Vimos a máquina coa que se muxían as vacas, e dimos de comer a os terneiros. 


Despois fomos para a carpa e merendamos. Alí déronnos un batidos e un conto. Ao rematar, montamos para voltar ao colexio.