venres, 31 de maio de 2013

Preparámonos para a excursión

Como xa sabedes, o vindeiro día 18 imos ir de excursión á Coruña. Imos comezar a realizar unha serie de actividades ó respecto.
En primeiro lugar, hai que saber o camiño, para iso, imos explorar no mapa onde estamos e a onde queremos chegar


Visualizar o mapa ampliado


Agora que coñecemos o camiño, imos ver información dunha das exposicións que atoparemos na Domus:



Seguiremos informando!

luns, 27 de maio de 2013

Pintando ó estilo Pollock


E, como prometemos a semana pasada, imos mostrar o proceso de como pintamos o noso cadro co estilo do "dripping" que utilizaba Jackson Pollock.
En primeiro lugar, falamos sobre a relación entre a pintura e as emocións, para conectalo co proxecto coordinado polo departamento de biblioteca, que precisamente tiña como tema as cores e as emocións.
A preparación do cadro consistiu en extender un gran papel no chan, que nos serviría de lenzo, e preparar recipientes con pintura diluída; e, por suposto, avisar de que ese día iamonos manchar...e vaia que si manchamos.
Para inspirarnos, volvemos ver os vídeos do anterior post sobre Pollock, e, comezamos!



Tamén tivemos a sorte de que Tamara, a nosa mestra de AL nos grabase en vídeo



Ademais, os nenos e nenas de 3 anos, quixeron que lles explicasemos como e por que pintamos o cadro así, o que resultou un boísimo exercicio de posta en claro de todas as ideas e as técnicas sobre as que traballamos:


E, tamén fixemos un Glog para expoñer ó caron do cadro, e que todos os alumnos e alumnas do cole soubesen algo mais de Pollock



Foi unha experiencia fabulosa, moi divertida, e o mellor de todo foi que, ó igual que facía Pollock, o feito de pintar o cadro, foi unha forma de expresión en si, comprendendo o concepto de "action painting", e a estreita relación entre as emocións e a pintura.

Como remate, o último que aprendemos foi que para a próxima, temos que pintar o cadro fóra, ou plastificar a aula! Temos que agradecerlle á señora Carmen que nos axudase a limpar a desfeita que deixamos :)





venres, 24 de maio de 2013

Aprendemos xogando

Hoxe ímonos relaxar un pouquiño cun par de páxinas de xogos, que nos servirán para repasar o que levamos visto estas últimas semanas.
En primeiro lugar, temos unha páxina de xogos didácticos da editorial SM:



Tamén atopamos esta actividade en LIM para lembrarnos do que aprendemos sobre as plantas:



E por último, un clásico que nos gusta a todos/as: a terra e o noso sistema solar

martes, 21 de maio de 2013

Multiplicacións

Ola!
Imos comezar a recuperar os posts antigos que estaban no wordpress, por aquilo de ter todo ordeado e nun mesmo sitio. 
Comezamos recuperando as actividades que fixemos con respecto ás multiplicacións:

Temos que agradecer en primeiro lugar á nosa profe de PT, Amanda, que nos axudase a facer os diferentes mini-obradoiros de mates que realizamos ó longo do curso. Non está de mais lembrar que, nestas épocas de recortes, os primeiros mestres que suprimirán son os mestres e mestras de apoio que axudan a que os rapaces e rapazas con mais dificultades poidan seguir un ritmo de aprendizaxe similar ó do resto da clase:


En marzo, comezamos a utilizar unha nova ferramenta para practicar e entender as multiplicacións. Se movemos o puntiño azul, as liñas iranse movendo e colocándose enriba dos números. O cuadrilátero irá cambiando o seu tamaño ó mesmo tempo.
Pois resulta que por esas cousas case máxicas que pasan coas matemáticas e que vos explicarán dentro duns anos, os números sobre os que se sitúan as liñas rectas, son os factores dunha multiplicación que ten como resultado o número de cadradiños que quedan dentro do cuadrilátero.




Tamén aprendimos unha nova forma de ver as multiplicacións, como elementos (liñas) que se repiten (cruzan)

Sodes capaces de descifralo?
E, por último, vimos un xogo no que os coches de carreiras avanzaban se acertabamos o resultado da multiplicación que nos plantexaban


venres, 10 de maio de 2013

Vidal Bolaño

Hoxe imos traballar sobre a vida e a obra do dramaturgo ó que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Dende o Seminario Galán, coma tódolos anos, nos ofrecen un amplo abano de actividades para traballar este día especial.
Nós seleccionamos dúas, especialmente preparadas para rapaces/as do primeiro ciclo. A primeira delas, está adicada á biografía do autor:


A segunda está preparada par acoñecer a súa obra:



A aprender moito deste autor!

martes, 7 de maio de 2013

Medindo volúmenes

Hoxe adicámonos a observar as medidas de capacidade. En primeiro lugar, botamos auga en varios recipientes de diferentes tamaños. Entón preguntamos en cal dos recipientes había mais auga. Como vedes, había disparidade de opinións.


Entón, baleiramos a auga en recipientes iguais, e... sorpresa! Todos tiñan a mesma cantidade de auga!


Algún non se fiaba, e tivemos que repetir o proceso: vertemos outra vez a auga nos recipientes distintos, e comparamos o nivel do líquido


A continuación fixemos o noso propio vaso medidor, marcando nun caldeiro transparente o nivel da auga se lle botabamos un, dous ou tres litros.


E chegou a pregunta... quen decidiu canta cantidade era un litro? Por que é diferente doutras unidades de medida coma o galón?

A resposta é que é unha medida derivada das unidades de lonxitude, que, como todos/as sabedes, é o metro. Que pasaría se fabricamos un cubo de un metro de arista e o enchemos de auga? Pois, que pesaría UNHA TONELADA!!!! Non é unha medida moi operativa para ir a mercar leite, ou encher o depósito de gasolina.

Pero, e se ese cubo o fabricamos de 10cm, que pasará? Afortunadamente, contamos na aula con un cubo desas características. Non o podiamos encher de auga, pero podiamos facer outra cousa: Sabemos que se sumerxemos algo na auga, o nivel da auga sube, porque ese obxecto pasa a ocupar o espazo que ocupaba a auga anteriormente; e subirá tanto como o espazo (sí, medido en litros!) que ocupa agora.
E, ó sumerxer o cubo de 10 cm de arista no noso recipiente medidor, vemos que ten un volumen de... exactamente UN LITRO!!!


Agora tan só quedaba...fregar e limpar a desfeita :) 

Espero que vos gustase a experiencia e que sigades divertíndovos mentres aprendedes.

xoves, 2 de maio de 2013

Pollock



Este trimestre, dende o departamento de biblioteca imos traballar a relación entre as cores e as emocións. E no curso de 2º, veremos esa relación a través da obra do pintor Jackson Pollock.
Pollock foi un pintor abstracto (non pintaba nada que representara a realidade), famoso pola súa técnica:
  • Non utilizaba caballetes: extendía os lenzos no chan
  • Apenas utilizaba pinceis, prefería espátulas ou paus cos que botaba salpicaduras no cadro, ou deixaba gotear a pintura furando o fondo dos botes. A esta técnica se lle chama "dripping"
  • Utilizaba a expresividade de todo o seu corpo para pintar, facendo o que chamaba "action painting", é dicir a acción de pinta-lo cadro, era unha forma de arte en sí

Aquí tedes un pequeno vídeo da súa biografía:



Se vos animades co inglés, aquí tedes un vídeo do propio autor explicando a súa técnica


E para rematar... move o punteiro do rato, fai clic para cambiar a cor e... a pintar coma Pollock!!!