luns, 27 de maio de 2013

Pintando ó estilo Pollock


E, como prometemos a semana pasada, imos mostrar o proceso de como pintamos o noso cadro co estilo do "dripping" que utilizaba Jackson Pollock.
En primeiro lugar, falamos sobre a relación entre a pintura e as emocións, para conectalo co proxecto coordinado polo departamento de biblioteca, que precisamente tiña como tema as cores e as emocións.
A preparación do cadro consistiu en extender un gran papel no chan, que nos serviría de lenzo, e preparar recipientes con pintura diluída; e, por suposto, avisar de que ese día iamonos manchar...e vaia que si manchamos.
Para inspirarnos, volvemos ver os vídeos do anterior post sobre Pollock, e, comezamos!



Tamén tivemos a sorte de que Tamara, a nosa mestra de AL nos grabase en vídeo



Ademais, os nenos e nenas de 3 anos, quixeron que lles explicasemos como e por que pintamos o cadro así, o que resultou un boísimo exercicio de posta en claro de todas as ideas e as técnicas sobre as que traballamos:


E, tamén fixemos un Glog para expoñer ó caron do cadro, e que todos os alumnos e alumnas do cole soubesen algo mais de Pollock



Foi unha experiencia fabulosa, moi divertida, e o mellor de todo foi que, ó igual que facía Pollock, o feito de pintar o cadro, foi unha forma de expresión en si, comprendendo o concepto de "action painting", e a estreita relación entre as emocións e a pintura.

Como remate, o último que aprendemos foi que para a próxima, temos que pintar o cadro fóra, ou plastificar a aula! Temos que agradecerlle á señora Carmen que nos axudase a limpar a desfeita que deixamos :)





Ningún comentario:

Publicar un comentario