martes, 7 de maio de 2013

Medindo volúmenes

Hoxe adicámonos a observar as medidas de capacidade. En primeiro lugar, botamos auga en varios recipientes de diferentes tamaños. Entón preguntamos en cal dos recipientes había mais auga. Como vedes, había disparidade de opinións.


Entón, baleiramos a auga en recipientes iguais, e... sorpresa! Todos tiñan a mesma cantidade de auga!


Algún non se fiaba, e tivemos que repetir o proceso: vertemos outra vez a auga nos recipientes distintos, e comparamos o nivel do líquido


A continuación fixemos o noso propio vaso medidor, marcando nun caldeiro transparente o nivel da auga se lle botabamos un, dous ou tres litros.


E chegou a pregunta... quen decidiu canta cantidade era un litro? Por que é diferente doutras unidades de medida coma o galón?

A resposta é que é unha medida derivada das unidades de lonxitude, que, como todos/as sabedes, é o metro. Que pasaría se fabricamos un cubo de un metro de arista e o enchemos de auga? Pois, que pesaría UNHA TONELADA!!!! Non é unha medida moi operativa para ir a mercar leite, ou encher o depósito de gasolina.

Pero, e se ese cubo o fabricamos de 10cm, que pasará? Afortunadamente, contamos na aula con un cubo desas características. Non o podiamos encher de auga, pero podiamos facer outra cousa: Sabemos que se sumerxemos algo na auga, o nivel da auga sube, porque ese obxecto pasa a ocupar o espazo que ocupaba a auga anteriormente; e subirá tanto como o espazo (sí, medido en litros!) que ocupa agora.
E, ó sumerxer o cubo de 10 cm de arista no noso recipiente medidor, vemos que ten un volumen de... exactamente UN LITRO!!!


Agora tan só quedaba...fregar e limpar a desfeita :) 

Espero que vos gustase a experiencia e que sigades divertíndovos mentres aprendedes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario