martes, 21 de maio de 2013

Multiplicacións

Ola!
Imos comezar a recuperar os posts antigos que estaban no wordpress, por aquilo de ter todo ordeado e nun mesmo sitio. 
Comezamos recuperando as actividades que fixemos con respecto ás multiplicacións:

Temos que agradecer en primeiro lugar á nosa profe de PT, Amanda, que nos axudase a facer os diferentes mini-obradoiros de mates que realizamos ó longo do curso. Non está de mais lembrar que, nestas épocas de recortes, os primeiros mestres que suprimirán son os mestres e mestras de apoio que axudan a que os rapaces e rapazas con mais dificultades poidan seguir un ritmo de aprendizaxe similar ó do resto da clase:


En marzo, comezamos a utilizar unha nova ferramenta para practicar e entender as multiplicacións. Se movemos o puntiño azul, as liñas iranse movendo e colocándose enriba dos números. O cuadrilátero irá cambiando o seu tamaño ó mesmo tempo.
Pois resulta que por esas cousas case máxicas que pasan coas matemáticas e que vos explicarán dentro duns anos, os números sobre os que se sitúan as liñas rectas, son os factores dunha multiplicación que ten como resultado o número de cadradiños que quedan dentro do cuadrilátero.




Tamén aprendimos unha nova forma de ver as multiplicacións, como elementos (liñas) que se repiten (cruzan)

Sodes capaces de descifralo?
E, por último, vimos un xogo no que os coches de carreiras avanzaban se acertabamos o resultado da multiplicación que nos plantexaban


Ningún comentario:

Publicar un comentario